Puntuacións definitivas de todos as persoas solicitantes admitidas e relación de persoas excluídas, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense 2023/24

Xov, 28/09/2023 - 13:59

Resolución do 28 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican a listaxes coas puntuacións definitivas de todos as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación definitiva de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, correspondentes ao período extraordinario nos CRD da Coruña e Ourense, de acordo co previsto nos artigos 34 e 35 da Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos CRD da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2023/24 (DOG núm. 106, do 6 de xuño).

As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Prazo para interpoñer o recurso: 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais (entre o 29 de setembro e o 30 de outubro de 2023, ambos incluídos).