Título node Learning object

Convocatoria dos Premios Princesa de Girona 2024
Mar, 03/10/2023 - 14:25
Imaxe

Convocatoria aberta dos Premios Princesa de Girona para a edición de 2024 ata o próximo 31 de outubro en todas as súas categorías: Artes e Letras, Investigación Científica, Empresa e ámbito Social.

Estes premios perseguen recoñecer a traxectoria persoal e profesional de persoas novas, entre 16 e 35 anos, que destacasen polo seu traballo, os seus méritos e a súa exemplaridade no desenvolvemento de proxectos e que sexan capaces de inducir, de forma creativa, cambios positivos na sociedade e cuxa notoriedade lles permita ser modelos inspiradores e referentes para outras persoas mozas.