Título node Learning object

XXXIII Concurso de Pintura Infantil e Xuvenil para centros escolares
Mar, 03/10/2023 - 14:34
Imaxe

Un ano máis, Patrimonio Nacional convoca o Concurso de Pintura Infantil e Xuvenil para centros escolares, que este ano cumprirá a súa XXXIII edición.

O propósito deste concurso é divulgar os monumentos, palacios e mosteiros reais que integran o noso Patrimonio, entre os nenos/as e mozos/as en idade escolar, a través da expresión plástica.

O certame enmárcase dentro do ámbito de desenvolvemento da Lei reguladora do Patrimonio Nacional que determina o uso dos bens que o integran, en especial os Reais Sitios, ao servizo dos cidadáns/ás e como instrumento de cultura, investigación e docencia. 

Patrimonio Nacional decidiu expor para esta nova edición do concurso que o tema das obras sexan os detalles de interiores ou exteriores dos monumentos, bosques, xardíns e fontes históricas do Patrimonio Nacional, coa finalidade de ampliar as posibilidades artísticas dos participantes. É unha oportunidade para explorar os pequenos detalles que normalmente pasan desapercibidos, xogar cos encadres e os puntos de vista, favorecendo a investigación, a creatividade, o desenvolvemento do pensamento crítico e a reflexión sobre o valor histórico, artístico e cultural do patrimonio.

Calquera información sobre o concurso pode consultarse a través desta ligazón.

Data límite: venres 9 de febreiro de 2024.