Ampliación do prazo de presentación de solicitudes para a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”

Mar, 10/10/2023 - 10:18

Amplíase ata o 15 de outubro de 2023 o prazo de presentación de solicitudes para a participación no programa de formación Observa_Acción segundo a resolución  do 22 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.