Título node Learning object

Propostas educativas da Fundación Camilo José Cela
Mér, 11/10/2023 - 11:10
Imaxe

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela lanza a súa proposta educativa para o curso escolar 2023-2024.

Esta programación para os centros escolares inclúe visitas dinamizadas ao Museo, proposta de obradoiros didácticos complementarios ás visitas, asesoramento personalizado e préstamo de valixas didácticas coas que os propios centros educativos poderán traballar sobre as letras, a literatura e os Museos nas propias aulas/bibliotecas.

Todas as actividades incluídas nesta programación educativa son gratuítas e precisan de reserva previa nos teléfonos e enderezos electrónicos habituais da Fundación.