Título node Learning object

Exposición “Miradas. Retratos do pensamento”. Artista en residencia. VII Edición na Fundación Eugenio Granell
Xov, 19/10/2023 - 08:27

A  Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición “Miradas. Retratos do pensamento”. Artista en residencia. VII Edición, que terá lugar o vindeiro mércores 25 de outubro, ás 18.00h.

Trátase dunha exposición colectiva que mostrará o traballo dos xoves artistas, Pedro Bouza, Andrés Urbieta, Ana Domínguez, Manuel Balsas, Pablo Biyuami, Lidia Amado e Andrea Botella que forman parte da iniciativa do Museo “Artista en residencia” na súa VII Edición.

“Artista en residencia” iniciouse no ano 2016,  os artistas dispoñen dun espacio na sede da Fundación para traballar e crear. Ao final do ano móstrase o seu traballo ao público nunha exposición.