Título node Learning object

Programa “Fly The Future” dirixido aos centros de educación secundaria de Lugo
Ven, 20/10/2023 - 10:39
Imaxe

O programa “Fly The Future” ten como un dos seus obxectivos espertar no estudantado de educación secundaria a vocación polas carreiras universitarias STEM e así posibilitar a súa empregabilidade no futuro en centros de investigación e empresas como as que atoparán no Polo Aeroespacial de Galicia, epicentro internacional do desenvolvemento de tecnoloxías con vehículos aéreos non tripulados (UAV).

Neste proceso de inmersión, non debemos esquecer que tan só o 31% do alumnado español de carreiras técnicas son mulleres. “Fly The Future” porá o foco nesta realidade para que deixe de ser unha anomalía, polo menos entre a mocidade galega.

Como se pretende captar a atención da xente moza?

Ofrecendo unha visita ao Centro de Investigación Aeroportada de Rozas na que se mostrará o lado práctico das carreiras STEM, mediante a explicación, interacción e observación dos desenvolvementos tecnolóxicos abordados por Avincis no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, a iniciativa estratéxica da Xunta de Galicia para situar a nosa Comunidade á vangarda neste sector.

A visita será unha experiencia de aproximadamente 2 horas, onde os mozos e mozas verán ensaios de voo con UAVS e terán unha demostración de realidade virtual con lentes 3D. Finalmente, o alumnado terá a oportunidade de visitar o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), un dos centros tecnolóxicos máis destacados de Europa no campo dos UAVs.

Máis información no documento anexo.