Título node Learning object

I Premio Memoria Escolar Rural
Mar, 24/10/2023 - 09:11
Imaxe

O I Premio Memoria Escolar Rural pretende recoller e visibilizar a experiencia de quen foi escolar ou docente nas escolas rurais do noso país.

Foi convocado polo Concello de Fonfría, responsable da Casa do Mestre-Museo Antonio Álvarez, museo inaugurado no outono de 2022 na localidade de Ceadea (Zamora).

O seu obxectivo é estimular que esas persoas expresen por escrito as súas vivencias educativas e contribúan coa súa participación para conservar un conxunto de testemuños persoais sobre a escola rural española, unha realidade que, ao longo do pasado século e ata o presente, cambiou significativamente en termos culturais e materiais. Estes testemuños narrativos, documentais e fotográficos constituirán unha colección patrimonial importante na investigación da historia da educación en España e servirán para destacar a importancia dos valores específicos da escola rural e a súa función no conxunto do sistema educativo español.
 
As bases do concurso, así como a ligazón do formulario de participación, atópanse no díptico adxunto e, tamén, na web de CaUSAL (https://causal.usal.es/convocatorias/). 
 
O xurado poderá conceder un primeiro, segundo e terceiro premios dotados respectivamente con 1.000, 500 e 250 € que, ademais, encabezarán a publicación dos relatos.
Os premios concederanse a aqueles escritos non tanto pola súa calidade literaria, senón polo expresivo das experiencias narradas.
 
Todos os relatos, premiados ou non, serán publicados nun volume en papel e en formato dixital, e integraranse no futuro portal de contidos da Casa do Mestre-Museo Antonio Álvarez.
 
Para calquera información adicional, poden dirixirse ao correo de CaUSAL: causal@usal.es.