Título node Learning object

Webinarios "Perfís profesionais relacionados coa lingua de signos española no ámbito educativo"
Xov, 26/10/2023 - 08:43
Imaxe
A CNSE  (Confederación Estatal de Persoas Xordas) e o Ministerio de Educación e Formación Profesional poñen ao dispor dos centros educativos recursos que faciliten o ensino da lingua de signos española e a súa presenza nas aulas.
 
Ademais, grazas a esta colaboración, púxose en marcha o portal web A LSE NA aula, un espazo que aglutina unha gran cantidade deste tipo de recursos que cada ano se van ampliando.
 
Proximamente, celebraranse dous webinarios titulados "Perfís Profesionais relacionados coa lingua de signos española no ámbito educativo", unha oportunidade para formarse e avanzar nunha educación inclusiva de calidade, onde se contará coa experiencia de grandes profesionais vinculados á lingua de signos e centros educativos con atención ao alumnado xordo, co ánimo de enriquecer e delimitar as funcións de docentes con alumnado xordo, especialistas en lingua de signos española, intérpretes e mediadores comunicativos.
 
As datas e horarios destes webinarios son as seguintes:
 
  • Martes 14 de novembro de 11:30 a 13:30, dirixido a equipos profesionais educativos e persoal da administración.
  • Mércores 22 de novembro de 17:00 a 19:00, dirixido a centros educativos e aberto ao alumnado universitario.
Pódese acceder a eles a través da seguinte ligazón: www.youtube.com/user/cnseinfo