Resolución da Dirección Xeral de FP pola que se aproba a selección de proxectos de mobilidades de FP Dual

Ven, 03/11/2023 - 12:19

Xúntase a resolución do 2 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se aproba e publica a relación definitiva de proxectos correspondentes ao programa de mobilidades de FP dual para o curso 2023-2024.

Os centros solicitantes poderán formular, recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do dia seguinte ao da súa ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, contra esta relación definitiva de proxectos de mobilidade autorizados e rexeitados.

Este recurso poderá ser presentado por medios electrónicos a través do procedemento PR004A, que deberá identificarse co asunto “Recurso de alzada contra á resolución definitiva de mobilidades de FP dual para o curso 2023-2024”, na epígrafe “Asunto relacionado”. Tamén se poderá presentar por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Achégase resolución, relación definitiva de proxectos autorizados e relación de proxectos non autorizados.