Título node Learning object

Recomendacións sobre o cribado auditivo neonatal
Mar, 07/11/2023 - 07:58
Imaxe

A Comisión para a Detección Precoz da xordeira infantil (CODEPEH) elaborou un novo documento de recomendacións sobre o cribado auditivo neonatal, que se levou a cabo no marco do proxecto que foi desenvolto pola Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (FIAPAS), en colaboración coa CODEPEH, coa coorganización do Real Padroado sobre Discapacidade e no marco do convenio asinado con FIAPAS.

Trátase dun traballo de revisión dos coñecementos xurdidos a partir das evidencias científicas máis recentes, dando lugar a un novo documento no que se abordan os problemas clínicos e as preguntas frecuentes en torno ao cribado auditivo.

Este documento pódese descargar a través desta ligazón e compleméntase cun follleto informativo.