Título node Learning object

XIX Edición Premio FIAPAS de Investigación en Deficiencias Auditivas
Mar, 07/11/2023 - 08:11
Imaxe

A Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (FIAPAS) convocou unha nova edición do Premio FIAPAS de Investigación en Deficiencias Auditivas, co obxectivo de premiar os labores de investigación de aplicación nos ámbitos de Sanidade, Educación ou Accesibilidade, relacionadas coa deficiencia auditiva e as persoas con discapacidade auditiva e as súas familias.

Poderán optar a este premio todos/as a profesionais cualificados/as, con ámbito de dedicación en España, así como asociacións ou entidades que realicen traballos de investigación ou de aplicación nos ámbitos de Sanidade, Educación ou Accesibilidade e que repercutan en favor das pesonas con discapacidade auditiva.

  • Premio: 3.000 euros.
  • Prazo de presentación: ata o 8 de xullo de 2024.

Más información e bases do concurso a través desta ligazón.