Título node Learning object

Cursos en liña da Fundación ONCE sobre recursos específicos para o alumnado con discapacidade visual
Mar, 07/11/2023 - 08:20

A Fundación ONCE organiza tres cursos de formación en liña cos que se descubrirán as posibilidades pedagóxicas de diversos recursos que facilitan o acceso e manexo da información no ensino e aprendizaxe deste alumnado, destinados prioritariamente a profesorado de educación primaria e secundaria. Estes cursos terán lugar no primeiro, segundo e terceiro trimestre deste curso académico.

 

  • Curso "Pautas de accesibilidade documental dixital"

Data: 29 de novembro de 2023.

Horario: 17:00 a 18:00 horas.

Modalidade: en liña, a través de Zoom.

Obxectivos:

  • Coñecer basicamente como mellorar a accesibilidade da documentación complementaria aos libros de texto.

  • Crear documentos accesibles usando follas de cálculo.

 

  • Curso "Técnicas e estratexias para adaptar materiais educativos"

Data: 29 de febreiro de 2024.

Horario: 17:00 a 18:00 horas.

Modalidade: en liña, a través de Zoom.

Obxectivos:

  • Adaptar materiais de contido educativo a través de diferentes recursos para facilitar o acceso aos contidos de aprendizaxe do currículo.

  • Reflexionar sobre exemplificacións de difícil adaptación valorando outros roteiros de aprendizaxe.

 

  • Curso "As matemáticas en braille"

Data: 2 de maio de 2024.

Horario: 17:00 a 18:00 horas.

Modalidade: en liña, a través de Zoom.

Obxectivos:

  • Familiarizarse coa escritura de textos matemáticos básicos.

  • Coñecer a representación e mecánica das operacións matemáticas elementais utilizando recursos específicos.

 

INSCRICIÓNS:

Para inscribirse débese encher o formulario de inscrición: https://forms.office.com/e/6MxUy6bkQY

Confirmarase a asistencia a través de correo electrónico.

A ligazón para a conexión enviarase 2 días antes do inicio do curso.

Os certificados de asistencia enviaranse tamén a través de correo electrónico, sempre que a persoa se conectase á plataforma de videoconferencia indicando o seu nome e apelidos.