Título node Learning object

XIX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell
Mér, 15/11/2023 - 08:14
Imaxe

A Fundación Eugenio Granell convoca o seu XIX Certame de Arte Escolar, cuxa finalidade é impulsar a creación plástica entre os escolares, polo que, ademais dos premios que conceda o xurado, a Fundación organiza unha exposición, do 21 de decembro de 2023 ao 14 de xaneiro de 2024, coas obras presentadas ao concurso.

Poderá participar todo o alumnado con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, nas especialidades de debuxo, pintura, colaxe, escultura (construción) e fotografía.

Este XIX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell, terá como título “ Xoga con Granell” tendo como eixe principal a exposición: “A escena do xogo. Eugenio Granell” que pódese visitar nas salas 2 e 3, da segunda planta do Museo.

Máis información e bases no documento adxunto.