Resolución pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas!” durante o curso 2023/24

Xov, 16/11/2023 - 10:10
Ponte nas ondas

Resolución do 15 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que constituirán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2023/24.

Os centros públicos interesados en participar poderán presentar as súas solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Portal Educativo e ata o día 30 de novembro. O proceso de solicitude realizarase a través da aplicación indicada no apartado 5.1.

Acceso á aplicación