EduMob, convocatoria e selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado

Ven, 17/11/2023 - 14:38
edumob

Achégase Resolución do 13 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca, con carácter experimental, a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2023/2024.