Título node Learning object
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), sección da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY, publicou, co patrocinio da Deputación da Coruña, a guía Donas no espello da LIXG.
Unha selección de libros de calidade nos que a rapazada poida mirarse, recoñecerse e atopar un estímulo para avanzar na consecución dos obxectivos da igualdade. Uns materiais imprescindibles para todo tipo de persoas mediadoras do libro e a rapazada , que convén ter en conta nas bibliotecas escolares e públicas, nos centros de ensino e no ámbito da educación social.
Os materiais están organizados baixo apartados como: ruptura de estereotipos e roles, toma de conciencia das discriminacións, violencia de xénero, mulleres senlleiras, diversidade (en xeral, familiar ou sexual), doutra maneira (para referirse ás historias contadas dun xeito distinto ao tradicional), doutras latitudes e épocas (para as historias situadas noutras civilizacións ou en no pasado histórico), autoaxuda e tamén atendendo a diversos xéneros literarios (poesía, teatro ou banda deseñada) ou a cuestións como premios, coleccións de igualdade en editoriais, novelas con estes valores e que se continúan en series ou libros premiados en certames de igualdade.