Título node Learning object

Guía ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable): libros e materiais sobre Axenda 2030
Xov, 21/12/2023 - 09:49
Guía ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable)

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), sección da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY, publicou, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Guía ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable) na que recolle todo tipo de materiais que tratan cada un dos dezasete obxectivos no camiño da Axenda 2030.

Trátase duns materiais imprescindibles para todo tipo de persoas mediadoras do libro e a rapazada , que convén ter en conta nas bibliotecas escolares e públicas, nos centros de ensino e no ámbito da educación social.

Os materiais están organizados por cada un dos obxectivos: 1.Fin da pobreza, 2. Fame cero, 3. Saúde e benestar, 4. Educación de calidade, 5. Igualdade de xénero, 6. Auga limpa a saneamento, 7. Enerxía accesible e non contaminante, 8. Traballo decente e crecemento económico, 9. Industria, innovación e infraestrutura, 10. Redución das desigualdades, 11. Cidades e comunidades sustentables, 12. Produción e consumo responsable, 13. Acción polo clima, 14. Vida submarina, 15. Vida de ecosistemas terrestres, 16. Paz, xustiza e institucións sólidas e 17. Alianzas para acadar os obxectivos.