Resolución do 15 de decembro de 2023: adxudicación dos premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais de música, de danza, e de artes plásticas e deseño do curso 2022/23

Mar, 26/12/2023 - 10:48

Xúntase a Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se publica a adxudicación dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2022/23, convocados pola Orde do 2 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño).