Título node Learning object

Olimpíada Internacional de Física. Fase local 2024: actualización de datas
Xov, 11/01/2024 - 09:52

Publícanse a circular e a ficha de inscrición actualizadas para a fase galega da Olimpíada de Física do presente curso.

A nova data de celebración deste evento será o 15 de marzo.

Cada centro poderá seleccionar un máximo de 4 estudantes para participar na  Fase Local.

  • Prazo de inscrición: ata o luns 11 de marzo.
  • Recoñecemento como proxecto de innovación educativa ao profesorado preparador cuxo alumnado resulte clasificado entre os 6 primeiros do seu distrito universitario (15 horas de formación permanente do profesorado) ou participe tamén na fase nacional ou internacional (40 horas de formación permanente do profesorado).