Título node Learning object

Calendario Científico Escolar 2024 en galego
Lun, 15/01/2024 - 12:45
Imaxe

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña colaboran co Consello Superior de Investigacións Científicas na elaboración en galego do Calendario Científico Escolar 2023

Esta guía parte dos principios de inclusión, normalización e equidade, alén de responder a pautas xerais de accesibilidade. Proporciona tarefas variadas que inclúen un gran rango de habilidades e niveis de dificultade que se poden levar a cabo de xeito cooperativo, para que todo o alumnado faga achegas útiles e relevantes. Ademais, ten un anexo cunha selección de efemérides redactadas de maneira sinxela a modo de referente para traballar co alumnado de menor idade con dificultades comunicativas.

Seguindo os principios de accesibilidade e deseño universal, o contido do calendario tamén se ofrece nun formato accesible para a súa entrega mediante TTS, lectores de pantalla, liñas Braille etc. Nesta edición, como novidade asociada a esta guía didáctica conta con actividades lúdicas, como o xogo da oca e na guía atópanse efemérides en lectura sinxela como recurso de apoio para estudantes con dificultades na competencia lectoescritura.

Tanto o calendario como a guía están dispoñibles en aberto para a súa descarga gratuíta a través desta ligazón

Esta iniciativa enmárcase nun proxecto da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) cuxo obxectivo é contribuír a fomentar a cultura científica entre a xuventude e crear referentes que lle resulten próximos, así como promover as vocacións científico-técnicas, usando unha linguaxe non sexista, e aumentar a visibilidade das mulleres científicas e tecnólogas.