Título node Learning object

Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans"
Xov, 18/01/2024 - 13:11
Imaxe
Desde a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) ponse en marcha o Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas Mans", do que neste 2024 se celebra a súa sétima edición.
 
A participación está aberta a todos os centros educativos de Galicia, en todos os niveis de ensinanza.
 
O obxectivo é dar visibilidade á Lingua de Signos nas aulas dun xeito divertido, a través da música. 
 
Na web da federación hai dispoñible máis información sobre o concurso. Achégase a ligazón e o cartel con toda a información.