Título node Learning object

Novos cursos sobre o currículo LOMLOE
Xov, 18/01/2024 - 13:18

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, a través do INTEF, convoca 4.262 prazas, en dúas edicións, para a realización de catro novos cursos sobre o currículo LOMLOE (publicación en BOE).

Prazo de inscrición: do 10 ao 29 de xaneiro (ambos inclusive).

Data de inicio dos cursos da primeira edición: a partir do 5 de marzo de 2024.

Data de inicio dos cursos da segunda edición: a partir do 16 de abril de 2024.

Cursos convocados: 

Son cursos titorizados en liña que achegan orientacións sobre a concreción e aplicación dos ensinos mínimos dos novos currículos derivados da LOMLOE.

Cada curso certifica 35 horas de formación.

Están orientados aos perfís docentes que imparten ou poden impartir estes ensinos ou que realizan nelas funcións de supervisión e apoio. Contan coa atención personalizada e o apoio experto dun equipo de titoría.  

A información necesaria para a inscrición pódese consultar na páxina da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.