Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2023 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

Lun, 29/01/2024 - 14:20

Orde do 18 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2023 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A).

  •  O Prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.