Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024

Mar, 30/01/2024 - 12:53

Programa: Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG: 30/01/2024
Código de procedemento: ED481D

Forma de presentación: electrónica https://sede.xunta.gal/portada
Prazo de presentación de solicitudes: 31/01/2024 a 29/02/2024

Cal é o obxecto destas axudas?

Dar continuidade á carreira investigadora das doutoras e dos doutores que comezaron a súa formación posdoutoral, posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria. Nesta convocatoria, poderán optar a estas axudas aquelas persoas invesgadoras que:

  • Estivesen contratadas na convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral de 2021 e que non renunciasen ao contrato
  • Estivesen contratadas a través da modalidade A da convocatoria de axudas posdoutorais de 2019, que tiveron unha interrupción e prórroga do contrato polas causas establecidas na lei, que finalizaron o contrato e que non se presentaron á convocatoria de axudas para completar a etapa de formación posdoutoral de 2023

Quen pode solicitar estas axudas?

- As universidades do Sistema Universitario Galego (en diante SUG), ante a Secretaría Xeral de Universidades, a través do procedemento ED481D.

- Os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) ante a Axencia Galega de Innovación (Gain), a través do procedemento IN606C.

- As persoas investigadoras non poden solicitar directamente estas axudas, senón que o teñen que facer a través dalgunha das entidades indicadas, sempre que cumpran os requisitos que se indican no artigo 2.2. da convocatoria.

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
  • Intensidade da axuda: 100 %
  • Duración das axudas: un máximo de 3 anos
  • Orzamento total: 3.619.200  euros ( achega da Secretaría Xeral de Universidades será de 3.016.000 euros e a achega da Gain de 603.200,00 euros)

Número e importe das axudas

Un máximo de 23 axudas: 20 axudas para as universidades do SUG e 3 para as demais entidades

Os importes destas axudas son os seguintes:

  • Un total de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.
  • Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 5.000 euros no ano 2024, 10.000 euros no 2025, 10.000 euros no 2026 e 5.000 euros no 2027.
  • Un complemento a cada unha das universidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

A onde acudir?

Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal

 

Para solicitudes de entidades alleas ao SUG:

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 881999213 Fax: 981541039
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal