Título node Learning object

Concursos de ADOS relacionados coa doazón e os transplantes
Mar, 30/01/2024 - 13:16
Imaxe
Desde a Coordinación Autonómica de Transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) preséntase, un ano máis e co ánimo de seguir traballando en  espertar interese entre o alumnado na importancia da concienciación sobre a doazón de órganos e tecidos, os distintos concursos convocados pola CAT en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. 
 
  • VI CONCURSO DE CARTEIS RELACIONADOS COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES: dirixido ao alumnado de 5º, 6º de educación primaria e 1º, 2º e 3º de educación secundaria obrigatoria (ESO).  

 

  • X CONCURSO DE CURTAMETRAXES RELACIONADAS COA DOAZÓN E OS TRANSPLANTES: dirixido ao alumnado de 4º educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, ciclos formativos de grao básico, medio e superior e de ensino artístico regrado. 

O prazo de presentación rematará o 30 de abril de 2024.

Pódense consultar as bases dos concursos a través desta ligazón: https://ados.sergas.gal/cartafol/destaca73.

As seguintes ligazóns de "Doazón e Transplantes"e "Doazón na Escola" conteñen información útil para o desenvolvemento da actividade: