Resolución definitiva da convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24

Xov, 01/02/2024 - 11:06
be

Xúntase arquivo coa ORDE do 19 de xaneiro de 2024 pola que se resolve a convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24. Publicada en DOG o día 1 de febreiro de 2024.