11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Xov, 01/02/2024 - 16:56
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A ciencia é o meu futuro?: un diálogo entre alumnas de bacharelato e as investigadoras e técnicas do INCIPIT - CSIC.  

Actividade principalmente orientada a STEMbach, aberta a todo o alumnado de Bacharelato.

Formato: presencial e online.

Data e lugar: venres 9 de febreiro de 2024 ás 10:30. Sede do INCIPIT (Edificio Fontán-Cidade da Cultura, Santiago de Compostela).

Inscricións: se estades interesado/as en participar online ou presencialmente na actividade, podedes mandar un e-mail a valorizacion@incipit.csic  

A actividade ten como obxectivo visibilizar e revalorizar o traballo das mulleres no ámbito científico, promover vocacións científicas entre as alumnas, así como sensibilizar a todo o alumnado sobre a importancia da igualdade de xénero no ámbito científico.  Cada unha das participantes conversarán coas rapazas e rapaces sobre o seu traballo e experiencia, abordando aspectos positivos e negativos da carreira científica tanto desde as súas perspectivas profesionais coma persoais. Ao mesmo tempo o alumnado terá a oportunidade de formular preguntas e expoñer as súas inquedanzas e intereses.  

Quen son as investigadoras e técnicas do INCIPIT que interveñen?

  • María Cruz Ferro Vázquez é técnica de investigación e doutora en Ciencias do Solo pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde o inicio da súa vida profesional traballou en preto de 40 proxectos nacionais e internacionais (Chile, Etiopía, Guinea Ecuatorial, Tanzania, Illas Galápagos, varios países do Caribe, así como España e outros países europeos).
  • Alejandra Galmés, é investigadora postdoutoral Juan de la Cierva no  INCIPIT, e membro do grupo de investigación ArqueoUIB (Universitat de les Illes Balears). A súa liña de investigación céntrase nas formas en que a arquitectura conecta a paisaxe a través das novas metodoloxías digitais.  
  • Maria Martín-Seijo, é  científica titular e súa área de investigación é a Arqueobotánica. Investiga sobre as relacións que se estableceron no pasado entre seres humanos e plantas, a partir do estudo dos residuos da leña e das manufacturas vexetais recuperadas en contextos arqueolóxicos. Ten traballado en Europa, América e recentemente en Asia e Oceanía.   
  • Andrea Solana-Muñoz, é investigadora predoutoral, cursou o Grao en Arqueoloxía e o Máster en Estudos do Patrimonio da Vrije Universiteit Amsterdam. Os seus temas de investigación xiran arredor das tecnoloxías xeoespaciais, a arqueoloxía da paisaxe, as novas técnicas de estudo da paisaxe e as metodoloxías de prospección e documentación non invasivas.  
  • Jadranka Verdonkschot, é investigadora postdoutoral, doutora en arqueoloxía e asistente de investigación do ERC Material Minds (XSCAPE), un proxecto europeo que ten como obxectivo analizar como as nosas mentes modifican o mundo que construímos e que reúne a un equipo de especialistas que combinan a investigación neurocientífica, as disciplinas arqueolóxicas e históricas coa ciencia cognitiva e a filosofía. 

Menús CAFI node R

 

Sección