Título node Learning object

III Edición Premios ZINKERS
Ven, 08/03/2024 - 07:57
Imaxe

Aberta a convocatoria dos Premios ZINKERS, onde os centros educativos terán que demostrar todo o que aprendeu o seu alumnado utilizando os programas educativos gratuítos Zinkers sobre transición ecolóxica e sustentabilidade.

O obxectivo é facer unha reflexión compartida sobre os compromisos, aprendizaxes e accións futuras que contribúan a lograr un planeta máis sustentable e que transcenda os límites da aula, para lograr concienciar a máis persoas e xerar un maior impacto.

O prazo de presentación de candidaturas é desde o 1 de marzo ata o 15 de abril.

Bases legais 3ª Edición

Antes, se aínda non se fixo, débese acceder e crear unha aula, se aínda non se está en Zinkers, para utilizar a plataforma coa clase. O que se elabore durante estas semanas será a candidatura para o campionato de sustentabilidade.

Os premios coñeceranse o 20 de maio e a gala de entrega dos Premios Zinkers 2024 celebrarase o 20 de xuño en Madrid. 

Outorgarase un premio por categoría (primaria e secundaria) por Comunidade Autónoma.

Os gañadores autonómicos recibirán 2.000 € para un proxecto de innovación educativa no centro educativo, 500 € para material e/ou experiencia para os alumnos da aula vencedora e unha experiencia formativa, de networking e lecer en Madrid para os e as docentes dos centros autonómicos gañadores.

Os gañadores estatais por categoría desvelaranse na gala de entrega de premios e recibirán 15.000 € para desenvolver un proxecto de innovación para a transformación metodolóxica da aula ou centro educativo e unha xornada formativa dirixida ao alumnado nunha das instalacións de Repsol relacionada coa Transición ecolóxica.

Aquí pódense ver as anteriores edicións de premios.

A través destas ligazóns pódese acceder aos contidos dos programas educativos para Primaria e Secundaria.