G2302011 Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado

Data de celebración: sábado, 04 de maio. Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Lun, 22/04/2024 - 13:21

Oradoiros video

obadoiros cartaz
obadoiros cartaz

O novo marco de competencias profesionais docentes brinda a oportunidade de unir sinerxías entre distintas especialidades arredor do fornecemento da competencia comunicativa do profesorado de todas as áreas / materias.
OBXECTIVOS:
1.Compartir prácticas verbais e non verbais na aula e na comunidade educativa con sentido estético.
2.Desenvolver recursos e estratexias de apoio para a mediación lingüística.
3.Aprender a conectar coa emoción desde a técnica discursiva.
CONTIDOS:
1.Estratexias orais para a mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe de linguas.
2.Optimización do uso de soportes complementarios á fala en distintos contextos.
3.Estratexias de apoio para a mediación lingüística.
INDICADORES COMPETENCIAIS:
Competencia comunicativa - Comunicación non verbal - Básico - Aplica estratexias variadas de linguaxe non verbal para ampliar e clarificar mensaxes verbais.
Competencia comunicativa - Comunicación non verbal - Básico - É consciente do valor semántico da posición e do movemento corporal na comunicación.
Competencia comunicativa - Comunicación non verbal - Básico - Organiza o seu corpo e a súa xestualidade para acompañar e harmonizar o discurso.
Competencia comunicativa - Comunicación verbal - Básico - Acompaña as interaccións entre o alumnado, facilitando, proporcionando realimentación e recursos para a mellora
Competencia comunicativa - Comunicación verbal - Básico - Adapta a comunicación ás necesidades do contexto e das persoas interlocutoras, alternando entre diferentes códigos verbais segundo sexa preciso
Competencia comunicativa - Linguas maternas e estranxeiras - Básico - Emprega as dúas linguas maternas na súa comunicación, segundo as necesidades do alumnado e en contextos non regulados normativamente.
1
Competencia comunicativa - Linguas maternas e estranxeiras - Básico - Manexa estratexias básicas comunicativas en linguas estranxeiras curriculares para comunicarse e interactuar co alumnado segundo as súas necesidades.
Competencia comunicativa - Mediación lingüística. Recursos e estratexias de apoio - Básico - Adapta, parafrasea e transmite os aspectos esenciais do proceso de ensino-aprendizaxe ao alumnado e ás familias
Competencia comunicativa - Mediación lingüística. Recursos e estratexias de apoio - Básico - Coñece e importancia da comunicación aumentativa na relación co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Competencia comunicativa - Mediación lingüística. Recursos e estratexias de apoio - Básico - Recoñece as dificultades lingüísticas e comunica a natureza do problema con linguaxe axeitada ao nivel do alumnado
Competencia comunicativa - Sentido estético, dramático e capacidade de emocionar - Básico - Coñece diferentes linguaxes e/ou canles comunicativas que conectan coa realidade do alumnado no seu contexto socioeducativo
Competencia comunicativa - Sentido estético, dramático e capacidade de emocionar - Básico - Entende a necesidade de xerar interaccións variadas con diversos elementos narrativos que manteñan a atención e a persistencia na tarefa proposta en cada momento
ENFOQUE E FORMATO DO EVENTO:
O enfoque do evento procura atender ao desenvolvemento da competencia comunicativa de todo o profesorado, desbotando a idea de que o público base deste tipo de obradoiros sexa só de especialidade lingüística.
Así, o profesorado asistente de todos os corpos e especialidades poderá atopar cuestións de interese para desenvolver: as súas habilidades verbais, tanto en linguas cooficiais coma en linguas estranxeiras, pensando na aula e tamén na comunidade educativa; as non verbais; as persuasivas e de sentido estético; e as de mediación lingüística, cuestión moi relevante para todo o profesorado.
A estrutura do evento procura responder ao enfoque práctico do seu deseño. Por iso, toda a xornada está constituída por sesións simultáneas que responden a un formato obradoiro ou a un formato charla con alto carácter práctico/dialóxico.