Prazas dispoñibles no curso presencial G2302004 Creación de contidos dixitais baseados en vídeo 360º

Actividade de 15 horas en Santiago de Compostela aberta a todos os corpos e especialidades
Celebrarase unha sesión semanal entre o 15 de maio e o 7 de xuño
Ven, 26/04/2024 - 14:02
Prazas dispoñibles no curso G2302004 Creación de contidos dixitais baseados en vídeo 360º
Curso G2302004 Creación de contidos dixitais baseados en vídeo 360º

O curso  G2302004 Creación de contidos dixitais baseados en vídeo 360º  conta cun total de 15 prazas. A actividade, aberta a profesorado de todos os corpos e especialidades, está orientada a formar aos/ás docentes tanto no manexo básico de cámara vídeo/foto 360 como nas técnicas básicas para a creación de contidos educativos con vídeos/fotos 360 (edición audiovisual, introdución a ferramentas educativas).

O curso, que se desenvolverá na sede do Centro Autonómico de Formación e Innovación en Santiago de Compostela,  dará comenzo o 15 de maio e será de 15 horas. As sesións celebraranse os días 15, 22, 31 de maio e 7 de xuño. Todos as sesións serán pola tarde a partir das 16.30 horas.

Información e inscrición en www.edu.xunta.gal/fprofe

 

 

 

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI