Título node Learning object

Convocado o segundo certame do concurso O Meu Libro Preferido
Xov, 02/05/2024 - 10:21

O Meu Libro Preferido é un certame de fomento da lectura patrocinado pola Fundación José María Lara e dirixido ao alumnado de 1º a 4º da ESO.

O alumnado interesado poderá participar na modalidade textual en lingua galega ou castelá ou na modalidade podcast, tamén en ambas linguas.

As persoas gañadoras recibirán un premio ao mellor texto elaborado ou ao mellor podcast e poderán asisitir á gala de entrega de premios que terá lugar no terceiro trimestre deste curso.

O prazo de participación finaliza o 31 de maio de 2024.

Pódese acceder á información completa na seguinte ligazón https://milibropreferido.es/galicia/bases/.