A Consellería de Cultura e Educación supera todas as expectativas de asistencia na Mostra do Ensino 2012

Por ExpoCoruña pasaron hoxe 8.000 persoas

Ven, 13/04/2012 - 19:24
A Consellería de Cultura e Educación supera todas as expectativas de asistencia
A Consellería de Cultura e Educación supera todas as expectativas de asistencia na Mostra do Ensino 2012

Unhas 8.000 persoas asistiron á terceira xornada da Mostra do ensino e o Congreso de formación que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na cidade da Coruña. Tanto nas conferencias, mesas redondas e asistencia aos obradoiros e as actividades a diario programadas estiveron cheas de público tanto de profesores como de alumnos, respectivamente.

A xornada de hoxe estivo dedicada aos Idiomas e así Xabier Gisbert, director xeral do Ministerio de Educación destacou que “en España temos moi bos profesores de idiomas pero seguramente pódense empregar mellor”, sinalou, ao  tempo que indicou que o nivel é superior á media dos países comunitarios.

Igualmente importante foi a mesa de boas prácticas sobre o plurilingüismo nos centros educativos, onde participaron o centro Vista Alegre de Burela, a Escola de Idiomas de Santiago, o coordinador desta materia do Principado de Asturias e o IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia. Tanto en Burela (onde teñen experiencias de colaboración co estranxeiro desde hai máis de dez anos) como en Xinzo son exemplos do acceso ás linguas estranxeiras fóra do ámbito urbano e contando fundamentalmente coa boa disposición e dedicación do profesorado.

A Mostra do Ensino clausurarase mañá cunha xornada dedicada a Diversidade e Familia, que será de portas abertas a toda a cidadanía.