Resolución do 4 de xuño de 2012 pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012/2013

Xov, 07/06/2012 - 08:20

Xúntase a Resolución do 4 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012/2013.

  • A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, coa excepción da especialidade hípica, que se fará nos centros autorizados que a impartan, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 28 de xuño de 2012.