A Consellería de Cultura e Educación apoia ao centro de educación e promoción de adultos da penitenciaría da Lama e á Fundación Barrié no proxecto ‘Platos del mundo’

O director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, asistiu hoxe á presentación deste libro de receitas propostas polos internos do centro pontevedrés, e con prólogo do restaurador Pepe Solla

O proxecto desenvolveuse no marco das iniciativas do centro educativo ‘Nelson Mandela’, dependente da Consellería

Ven, 29/06/2012 - 13:23
O director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira
O director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, asistiu hoxe á presentación deste libro de receitas propostas polos internos do centro pontevedrés, e con prólogo do restaurador Pepe Solla

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiou hoxe ao centro de educación e promoción de adultos da penitenciaría da Lama da Lama (Pontevedra) e á Fundación Barrié na presentación do libro Platos del Mundo cocinados desde A Lama, que reúne receitas nacionais e internacionais propostas polos internos. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, representou ao departamento educativo da Xunta de Galicia neste acto, que se desenvolveuse esta mañá en Vigo.

Na presentación do receitario, elaborado no marco das actividades desenvolvidas no centro educativo dependente da Consellería neste centro penitenciario, o ‘Nelson Mandela’, participaron tamén o presidente da Fundación Barrié, José María Arias; o director do centro penitenciario da Lama, José Antonio Gómez; o restaurador e responsable do prólogo do libro, Pepe Solla; e Patricia, interna do centro e autora dunha das receitas do volume.

Educación na penitenciaría

O director xeral felicitou aos autores e salientou o traballo dos internos e do profesorado, polo se intento permanente “de poñer en valor a experiencia e os valores propios do alumnado, que se concreta na elaboración deste libro, no que se recompilan receitas de cociña, evocadoras de paisaxes, grupos humanos e experiencias de tanta diversidade. Do intento permanente de partir sempre da experiencia do alumno para progresar na adquisición das competencias básicas e das habilidades e coñecementos necesarios para reintegrarse á vida social en contextos normalizados”.

Neste sentido lembrou que a Consellería asume como tarefa prioritaria a educación ao longo de toda a vida, “especialmente de aqueles colectivos, como a dos internos en centros penitenciarios, que están en claro risco de exclusión social cando se reintegren á vida en liberdade”. Froito desa preocupación é a existencia de cinco centros de educación de adultos nos centros penitenciarios de Galicia - Teixeiro, Bonxe, Monterroso, Pereiro de Aguiar e A Lama- , nos que están destinados 38 profesores, dos corpos de mestres e de profesorado de ensino secundario. Neles, este curso máis de 1.000 internos poden estudar ensinanzas básicas iniciais, educación secundaria, bacharelato, galego e castelán para inmigrantes, e formación profesional.

Manuel Corredoira agradeceu ademais a colaboración da Fundación Barrié na edición deste receitario, unha institución “que acumula unha longa tradición de desenvolvemento de iniciativas educativas en Galicia, o que pon de manifesto unha vez máis a importancia da colaboración entre a iniciativa privada e as administracións públicas". De feito, a fundación imprimiu unha edición en papel con fins educativos do libro, que tamén se poderá descargar de forma gratuíta no portal de educaBarrié, a canle de comunicación da fundación doa comunidade educativa.

Platos del Mundo cocinados desde A Lama conta con 95 receitas ilustradas, unha obra colectiva que servirá como referente nas actividades coas que a Fundación Barrié vén fomentando a interculturalidade entre os alumnos de educación secundaria obrigatoria. Está tamén previsto que se realicen actividades co alumnado de ciclos de Formación Profesional de cociña, restauración e hostalería, utilizando este volume como material