Visita de estudos para especialistas de educación e formación profesional

Do 20 ao 23 de marzo recibiremos a dezaseis profesores, directores de centros e administradores de institucións educativas de Polonia, Hungría, Reino Unido, Suecia, Alemaña, Grecia, Turquía, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Italia, Finlandia e Lituania.
Xov, 01/03/2012 - 12:10
visita estudos
Do 20 ao 23 de marzo recibiremos a dezaseis profesores, directores de centros e administradores de institucións educativas de Polonia, Hungría, Reino Unido, Suecia, Alemaña, Grecia, Turquía, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Italia, Finlandia e Lituania.
 
O obxectivo da visita é coñecer o Proxecto Abalar no contexto do programa Escola 2.0. A visita ten unha vertente eminentemente educativa, na que o profesorado visitante poderá coñecer as dimensións e o alcance do proxecto asi como o seu desenvolvemento nun centro de educación primaria e nun centro de educación secundaria. A visita ten tamén un caracter cultural. Para tal propósito prográmanse visitas e rutas que permitan coñecer algúns dos aspectos máis salientables do patrimonio cultural e artístico de Galicia.