Novo espazo temático de Normativa Educativa

Ven, 08/02/2013 - 12:30
Novo espazo temático de Normativa Educativa
Novo espazo temático de Normativa Educativa

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria veñen de incorporar unha nova funcionalidade no Portal educativo: o espazo temático de Normativa educativa.

Neste espazo pode obter información sobre máis de 1.200 disposicións (de distinto rango: Circulares, Decretos, Leis Orgánicas, etc...)  de carácter autonómico ou estatal publicadas tanto no Diario Oficial de Galicia coma no Boletín Oficial do Estado.

Este novo espazo incorpora un buscador da normativa, no que se pode obter unha listaxe das disposicións normativas relativas ao tema consultado, permitindo a procura por título, departamento, colectivo, nivel educativo, datas de publicación, tipos de boletíns ou rangos.

Ligazón á pantalla de Normativa educativa: /portal/normativa