Unha delegación de 23 estudantes galegos compite desde hoxe nas olimpíadas de formación profesional Spainskills

No certame, que rematará o vindeiro domingo coa entrega de medallas, están acompañados polos seus profesores titores e un experto por cada skill

O IFEMA de Madrid acolle esta cita, onde Galicia está representada en 21 das 33 disciplinas en competición

Mér, 13/02/2013 - 13:09
Foto de grupo dos participantes na olimpiada de Formación Profesional
Foto de grupo dos participantes na olimpiada de Formación Profesional

Unha delegación de 23 estudantes galegos, acompañados polos seus profesores titores e por un experto por cada skill, compite desde hoxe na 34 ª edición das Olimpíadas de Formación Profesional Spainskills 2013, que se celebrarán ata o vindeiro domingo no IFEMA de Madrid. Galicia está representada neste certame en 21 das 33 skills en competición, a través das alumnas e alumnos obtiveron medalla de ouro na segunda edición das GaliciaSkills, celebradas o pasado outubro.

Nestas olimpíadas, organizadas polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte coa colaboración activa das Comunidades Autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, participan un total de 272 estudantes de FP de toda España. As probas poderán seguirse en directo a través do portal educativo http://www.edu.xunta.gal/fp/spainskills.

A participación galega nesta olimpíada implica un forte compromiso por parte do profesorado, por unha banda na preparación dos competidores, tarefa do profesorado titor de cada competidor, e, pola outra, na participación na elaboración das probas así como nos distintos xurados que puntuarán aos competidores, profesorado experto, un por cada skill.

A relación de participantes galegos é a seguinte:

Skill

Estudante 

Centro

Titor

Torneadura

Yago González Álvarez

IES Politécnico (Vigo)

Javier Fondevila

Fresaxe

Alexandre Fondevila Rodríguez

IES Politécnico (Vigo)

David Queimaño

Sollado e azulexado

Daniel Nogueria Méndez

CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

José Fernando Méndez de Andés

Reparación de carrozarías de vehículo

Miguel Pérez Purriños

IES As Mariñas (Betanzos)

Francisco Cal

Electrónica

Ismael Rosende Rey

CIFP Politécnico de Santiago (S. de Compostela)

Ramón Mato

Deseño web

Josué Vázquez Rendo

 

IES A Carballeira - Marcos Valcárcel (Ourense)

José Felipe Iglesias

Control industrial

Jordi Vega Novo

 

IES Urbano Lugrís (A Coruña)

José Luis Mariño

Revestimento e paneis. Xeso

David Rodríguez Reigosa

CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

José Fernando Méndez de Andés

Ebanistaría

José Villaverde Fernández

 

CIFP A Xunqueira (Pontevedra)

José Manuel Míguez

Carpintaría

Ramón Fraguas Iglesias

CIFP A Xunqueira (Pontevedra)

José Cortizo

Peiteado

Lucia Domínguez Alonso

IES de Teis (Vigo)

Mercedes Pose

Coidados de beleza

Jesica Martínez Amoedo

IES de Teis (Vigo)

 

Isolina Ferreira

Tecnoloxía da moda

Rocío Fernández Pérez

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Consuelo Carneiro

Tecnoloxía da moda

Felipe Amaya Iglesias

CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

María José Ramallal

Pastelaría

Rosalía Alonso Figueroa

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

María Teresa Lozano

Tecnoloxía do automóbil

Antonio López Lence

IES As Mariñas (Betanzos)

Manuel Fuentes

Cociña

Adrián Amoedo Martínez

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Jesús Ramos Barcia

Servizo de restaurante e bar

Saínza Vázquez da Silva

CIFP Compostela (S. de Compostela)

María Rey Fernández

Pintura de vehículos

Adrián Suárez Parafita

IES As Mariñas (Betanzos)

José Manuel Pico

Xardinaría

Jorge Magariños Alende e Sergio Lizarza Moreno

CIFP A Granxa (Ponteareas)

 

Eliseo Castro

Soporte de rede

Alejandro Romero Rivera

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol)

Victor Manuel Martínez

Deseño gráfico

Iván García Vázquez

 

IES Leixa (Ferrol)

José Antonio López

O obxectivo das Spainskills é poñer en valor a FP como un sistema de oportunidades para os estudantes, así como contribuír á difusión das posibilidades laborais destas ensinanzas. Ademais, e grazas ao apoio de numerosas empresas a este certame, convértense nun escaparate para que os estudantes da FP poidan coñecer de preto as demandas e necesidades reais dos sectores produtivos. Ademais, é unha ocasión para que as alumnas e alumnos mostren as súas competencias profesionais, o que supón unha importante oportunidade para a inserción laboral dos máis novos.