A Consellería de Cultura e Educación e INSA IBM analizan as posibilidades de colaboración nun novo proxecto de FP dual

O conselleiro, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe as instalacións en Ourense, desta compañía referente en materia de innovación tecnolóxica

Lun, 22/04/2013 - 17:02
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá as instalacións en Pereiro de Aguiar da compañía INSA, do grupo IBM

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá as instalacións en Pereiro de Aguiar da compañía INSA, do grupo IBM, co obxectivo de analizar as posibilidades de establecer vías de colaboración con esta entidade - referente en materia de innovación tecnolóxica - para a posta en marcha dun novo proxecto de Formación Profesional Dual. No seu percorrido pola empresa o conselleiro estivo acompañado polo director polo director do Centro de Innovación Tecnolóxica (CENIT) da compañía, Carlos Conde, polo delegado da Xunta na provincia, Rogelio Martínez; polo director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e pola subdirectora xeral de FP, María Eugenia Pérez Fernández.

INSA IBM INSA é un proxecto empresarial do Grupo IBM España e Catalana de Occidente centrado no deseño, desenvolvemento, xestión e explotación de sistemas e na comercialización de produtos e servizos informáticos.

Tal e como o propio conselleiro puido comprobar na visita, a compañía dá unha especial importancia á formación continua dos seus traballadores, persoal que en Galicia está formada por máis de 130 profesionais. A empresa aposta ademais pola I+D+i a través dos seus Centros de Innovación Tecnolóxica, nos que se traballa no desenvolvemento de aplicacións e sistemas axeitados ás demandas do cliente.

Vázquez Abad valorou moi positivamente ambas as devanditas apostas de INSA, así como a súa visión, compartida pola Consellería, da educación como ferramenta indispensable para a construción dun mundo mellor. Neste sentido o conselleiro amosou a súa confianza en que a disposición desta compañía á colaboración co departamento educativo da Xunta de Galicia se concrete en breve en novos proxectos de FP Dual.