A Consellería de Cultura e Educación presenta na Coruña o II Festival Arte pola Igualdade

O secretario xeral de Política Lingüística deu a coñecer hoxe o evento, no que participará alumnado do Centro de Educación Especial María Mariño e do Conservatorio Profesional de Música da Coruña, no marco da celebración do mes das Letras Galegas

A función, que combina teatro, danza e música coa referencia de fondo adaptada da Frauta Máxica de Mozart celebrarase mañá no Teatro Colón da Coruña a partir das 20:00 horas

A entrada será de balde, ata completar aforo, e poderase retirar no despacho de billetes do teatro

Mér, 22/05/2013 - 13:36
 A Consellería de Cultura e Educación presenta na Coruña o II Festival Arte pola
A Consellería de Cultura e Educación presenta na Coruña o II Festival Arte pola Igualdade

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer esta mañá en rolda de prensa o programa da nova edición do Festival Arte pola Igualdade, que promove, por segundo ano consecutivo, o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad en colaboración co Centro de Educación Especial María Mariño e mais co Conservatorio Profesional de Música da Coruña. A iniciativa conta tamén co apoio do IES ferrolán Leixe.

García Gómez gabou a iniciativa “coa que os dous centros coruñeses lle queren render a súa particular homenaxe a Roberto Vidal Bolaño e mais a Rosalía de Castro por medio dun traballo colaborativo alegre, emotivo e educativo de integración real”.

Na presentación, o titular de Política Lingüística estivo acompañado polos directores do conservatorio e do centro de educación especial, Jesús Pardo e Mari Luz Barreiro, respectivamente.

II Festival Arte pola Igualdade

O Centro de Educación Especial María Mariño e o Conservatorio Profesional de Música da Coruña celebran, por segundo ano consecutivo, as Letras Galegas dun xeito moi especial. Será a través do II Festival Arte pola Igualdade, un espectáculo para todos os públicos que terá como protagonista e anfitrión o seu alumnado. Poderá gozarse mañá, a partir das 20:00 horas, no Teatro Colón da Coruña.

Será unha hora e cuarto de teatro, danza e música coa referencia de fondo adaptada da Frauta Máxica de Mozart que apoia a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desde a súa Xefatura Territorial da Coruña.A entrada é de balde ata completar aforo e poderase retirar previamente no despacho de billetes do teatro.

‘Os músicos máxicos’

Baixo a dirección musical de Fernando López Briones e a escénica de Dolores Orellán Valiño,un total de 135 músicos e 20 actores abrirán o acto coa representación teatral “Os músicos máxicos”,onde os actores e actrices do CEE María Mariño estarán acompañados por un grupo de alumnado do Conservatorio Profesional. A continuación, será a Orquestra do propio Conservatorio quen fará soar unha miscelánea de cancións da factoría Disney para rematar os dous centros co baile e interpretación de pezas tradicionais galegas e o Himno de Galicia.

Menús News node R