Promoción de cursos en aberto

"Formación Aberta" permite o acceso aos materiais dos cursos impartidos en Platega.
Dom, 28/10/2012 - 11:29
cursos abertos banner

 

"Formación Aberta" é unha sección da Aula Virtual do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) con acceso aos materiais de Platega dos cursos de formación máis demandados ao longo do ano académico e os mellor valorados nas enquisas finais de actividade.

O fin é dar a coñecer os materiais cun ánimo autoformativo, polo que estes cursos non implican nin titorización nin certificación. De precisalo, deberanse seguir os pasos habituais de inscrición na actividade (en caso de estarse impartino ao longo do ano) a través da aplicación FPROFE.