Asesoramento técnico nas licenzas de formación

Os asesores do departamento TIC do CAFI realizan o asesoramento técnico das modalidades 1, 2 e 5 das licenzas de formación.
Dom, 28/10/2012 - 11:51
asesoramento banner

 

 
Anualmente a Consellería convoca licenzas de formación para funcionarios docentes do ensino non universitario.
Nas modalidades 1, 2 (proyectos individuales -1- ou en parellas -2- para a creación de materiais curriculares dixitais para primaria e secundaria) e 5 (grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado), unha persona asesora do CAFI porase en contacto coas persoas beneficiarias coa finalidade de transmitirlles as instruccións para a elaboración dos materiais. Poderán ser convocadas a unha reunión inicial para establecer as pautas de coordinación e indicacións técnicas xerais.
O asesoramento técnico realízase de xeito telefónico, por email, con visitas concertadas ao CAFI polos beneficiarios que o soliciten, e mediante unha aula virtual creada ad hoc.

 

 

Aula virtual de asesoramento modalidades 1 e 2: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=222

Aula virtual de asesoramento modalidade 5: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=233