Preguntas frecuentes

Estamos iniciándonos na solicitude de proxectos de mobilidade de curta duración. Onde podemos atopar información?  

As presentacións e o vídeo da xornada informativa da última convocatoria están recollidas en: 

http://sepie.es/comunicacion/jornadas/index.html#9_febreroka122a,9_febreroka122b 

Cómpre lembrar que nas seguintes convocatorias haberá variacións no formulario de solicitude. Porén, este material pode ser de utulidade ata que se celebre a xornada informativa da seguinte convocatoria. 

No noso centro temos un proxecto KA122. Onde hai información de apoio?  

As presentacións e o vídeo das xornadas iniciais para os centros con proxectos KA122 para a última convocatoria están recollidas en:

http://sepie.es/comunicacion/jornadas/2023-jornadas-sepie.html#5y6_octubrea,5y6_octubreb

Cómpre lembrar que cada proxecto ríxese pola convocatoria do ano no que se solicitou. Estas xornadas iniciais se celebraron en outubro de cada ano, polo que na páxina web do SEPIE se pode acceder a cada unha das sesións iniciais anuais. 

O OID

Que é o OID? Como podo saber se o meu centro ten OID?

O OID é un identificador. É o código asignado dende a convocatoria de 2020 (incluída) aos centros que optan a financiamento en accións de Erasmus+. Ten o formato E seguido de oito díxitos. Pode consultar se o seu centro ten código OID na seguinte páxina: (recomendamos sempre buscar só unha parte do nome do centro. Por exemplo, no CEIP Emilia Pardo Bazán, buscaremos só “pardo”):

https://webgate.ec.europa.eu/erasmus-esc/index/organisations/search-for-an-organisation

 

Que é o PIC? Como podo saber se o meu centro ten PIC?

O PIC é un identificador. É o código de nove díxitos que se lles asignou aos centros que optaron a programas Erasmus no periodo 2014-2017. Este código segue sendo preciso na actualidade para solicitar proxectos centralizados (a través da EACEA).Pode consultar se o seu centro ten PIC na seguinte páxina: (recomendamos sempre buscar só unha parte do nome do centro. Por exemplo, no CEIP Emilia Pardo Bazán, buscaremos só “pardo”):

https://ec.europa.eu/info/funding-tenders/opportunities/portal/screen/how-to-participate/participant-register

Que é a Acreditación Erasmus? Como podemos obtela?

A acreditación Erasmus é un recoñecemento por parte de la Comisión Europea para os centros educativos. Solicítase a través da acción clave KA1, co formulario KA120.  Esta acreditación non é obrigatoria para os centros, pero presenta numerosas vantaxes na xestión dos proxectos KA1, como son garantizar o acceso ás mobilidades e a simplificación das xestións deses proxectos KA1. 

Como funciona a acreditación de centros con distintos niveis educativos? 
Cada sector dispón da súa propia acreditación. Se un centro conta con varios sectores, pode solicitar a acreditación en cada un deles por separado. Por exemplo, un centro que conte con tres niveles educativos, equivalentes a sectores (ensino secundario, EPA e Ciclo Formativo de Grao Medio), podería solicitar as acreditacións no sector escolar (KA120-SCH), sector de persoas adultas (KA120-ADU) e no sector de Formación Profesional (KA120-VET). 

Que validez ten unha acreditación? 
As acreditacións (KA120) forman parte do novo programa Erasmus+ 2021 – 2027. Se o seu centro conta cunha acreditación (KA120), esta será válida ata 2027. 

O meu centro non está acreditado: podo solicitar un proxecto de mobilidade? 
Si. O feito de non estar acreditado nun sector non impide solicitar a participación en proxectos de mobilidade. 

Poden colaborar centros acreditados con centros non acreditados? 
Si. Un centro acreditado pode enviar aos seus participantes a unha institución de acollida sen acreditar, e viceversa. Cada centro debe cumprimentar o formulario que lle corresponde: KA121 o acreditado e KA122 o centro non acreditado. 

Como podemos atopar institucións socias en Erasmus+? 
  • Participando nunha TCA

Pódese entrar en contacto con centros educativos dos países que participan no Programa Erasmus+ asistindo a unha TCA. Unha TCA é unha Actividade de Formación e Cooperación, nas súas siglas en inglés. 
As actividades que se ofertan diversas, entre as que destacan as visitas de estudo, os seminarios de contacto e os seminarios temáticos.

Toda a información está recollida en:

Educación Escolar: http://sepie.es/educacion-escolar/seminarios.html#contenido

Educación de Persoas Adultas: http://sepie.es/educacion-adultos/seminarios.html#contenido

  • A través da European School Education Platform, da Comisión Europea.  

Na pestana Networking os centros educativos publican propostas de mobilidades Erasmus+, asociacións de cooperación, etc. As persoas que teñen rexistro na plataforma poden tamén engadir publicacións para buscar institucións socias.  Ademáis, esta plataforma é o fogar de eTwinning, a maior rede segura de profesorado en Europa: 

https://school-education.ec.europa.eu/en

  • Contactando coas Embaixadas ou as Consellerías de Educación. 

Contactos en Irlanda: a Consejería de Educación en el Reino Unido e Irlanda promociona contactos entre centros educativos, para o cal hai un formulario accesible:  https://www.educacionfpydeportes.gob.es/reinounido/convocatorias-programas/convocatorias-reinounido/contactos-entre-centros-educativos.html 

Contactos en Alemania: a Conferencia de Ministros de Educación da República Federal de Alemania (PAD) é a institución estatal en Alemania que traballa en nome dos estados federados para o intercambio internacional e a cooperación internacional no sector escolar. Dispón dun servizo de intercambio pedagóxico: https://www.kmk-pad.org/