Gallego

Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

axudasle
Gallego

Publicada a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 13/02/2023).
Estas listaxes pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao PIALE para o ano 2023

piale
Gallego

Achégase a Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2023 (código ED305F). 

  • O prazo para a presentación de solicitudes abrangue desde o 28 de abril  ata o 22 de maio de 2023, ambos os dous incluídos.

Acceso á aplicación

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Resolución provisional de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Gallego

Xúntase Resolución provisional da Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

 

Colectivo: 

Nomeamento do tribunal que avaliará a proba externa do programa Bachibac

Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de abril de 2023, da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designa o tribunal que avaliará a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharel e de Baccalauréat para o curso académico 2022/2023.

Ensinanza: 

Sección: 

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach), para o curso 2023/2024

plbach
Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2023-2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2023.

Acceso á aplicación

Ensinanza: 

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2023/2024

plinf
Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2023-2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2023.

Acceso á aplicación

Ensinanza: 

Convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2023/2024

pl
Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2023-2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2023.

Acceso á aplicación

Convocatoria da proba externa do programa Bachibac para o curso 2022-2023

Gallego

Resolución do 21 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba externa do programa de dobre titulación de Bacharelato e de Baccalauréat para o curso académico 2022/2023 e se ditan instrucións para o seu desenvolvemento.

 

Ensinanza: 

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

axudasle
Gallego

Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle.

 

Colectivo: 

Convocatoria para a solicitude de RENOVACIÓN das persoas auxiliares de conversa para o curso 2023/2024. Centros públicos

adc
Gallego

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.

Estas instrucións van dirixidas ás persoas participantes no programa de auxiliares de conversa en activo durante o curso 2022/2023 que desexen solicitar a renovación no programa durante o curso 2023/2024.

A ter en conta:

  • Non é posible participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos.

  • É obrigatorio realizar a formación didáctica específica para persoas auxiliares de conversa.

 

Documentos:

Departamento: 

Colectivo: