Gallego

Convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso 2023/2024. Solicitude de NOVAS persoas candidatas.

adc
Gallego

Desde o 9 de febreiro de 2023 ata o 4 de abril de 2023, o Ministerio de Educación y Formación Profesional abre a convocatoria de auxiliares de conversa estranxeiros en España para o curso escolar 2023/2024.

Convócanse prazas de Auxiliares de Conversa de lingua alemá, chinesa, francesa, inglesa, italiana e portuguesa.

Axudas dirixidas a persoas graduadas e estudantes universitarias, como mínimo de segundo curso (ao peche da convocatoria), dos seguintes países:

Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria (inglés), Canadá (francés ou inglés), China, Dinamarca (inglés), Estados Unidos, Filipinas (inglés), Finlandia (inglés), Francia, Hungría (inglés), Irlanda, India (inglés), Italia, Luxemburgo (inglés), Malta, Marrocos (francés), Noruega (inglés), Nova Zelandia, Países Baixos (inglés), Países de Oceanía (Fixi, Illas Salomón, Tonga e Vanuatu), Polonia (inglés), Portugal, Reino Unido, República Checa (inglés), Singapur (inglés), Suecia (inglés), Suíza (alemán ou francés) e Túnez (francés).

 

Ligazón á convocatoria: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/99/998188/ficha/998188-2023.html

 

Información:

  • Persoas candidatas que deben facer a súa solicitude no organismo ou ministerio do seu país de orixe ou renovar na plataforma Profex (Alemaña, Austria, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Malta, Marrocos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Suíza e Túnez): auxiliares.conv@educacion.gob.es.

  • Persoas candidatas que deben facer a súa solicitude na plataforma Profex (Australia, Canadá, China, Dinamarca, EEUU, Filipinas, Finlandia, India, Luxemburgo, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos, Países oceánicos, República Checa, Singapur e Suecia): auxiliares.extra@educacion.gob.es.

  • Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex: profex.soporte@educacion.gob.es.

Departamento: 

Colectivo: 

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Gallego

Xúntase a Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

    Colectivo: 

    DELF Escolar en Galicia curso 2022/2023

    d
    Gallego

    Información sobre as probas do DELF Escolar en Galicia curso 2022/2023.

     

     

    Resolución definitiva dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados para participar no programa EduExchanges de intercambio en liña de alumnado con centros educativos estranxeiros durante o curso 2022/23

    Gallego

    Achégase a Resolución definitiva dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados para participar no programa EduExchanges de intercambio en liña de alumnado con centros educativos estranxeiros durante o curso 2022/2023.

    Resolución definitiva de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO durante o curso 2022/23

    Gallego

    Achégase a  Resolución definitiva de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2022/23.

     

    Colectivo: 

    Listaxe definitiva de centros beneficiarios e non beneficiarios para participar no programa de intercambio Galimiens 2022-2023

    Gallego

    Achégase Anexo I e Resolución definitiva de centros beneficiarios e non beneficiarios das axudas a centros públicos de ensino non universitario para participar no programa Galimiens de intercambio de alumnado convocadas pola resolución do 20 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

     

    Colectivo: 

    Resolución definitiva de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no ano 2022

    Gallego

    Achégase Anexo I e Resolución definitiva de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no ano 2022.

     

    Colectivo: 

    Resolución definitiva de centros beneficiarios, non beneficiarios e excluídos das axudas a centros públicos de ensino non universitario para participar no programa de intercambio de alumnado coa Région Académique Bretagne

    Gallego

    Resolución definitiva de centros beneficiarios, non beneficiarios e excluídos das axudas a centros públicos de ensino non universitario para participar no programa de intercambio de alumnado coa Région Académique Bretagne convocadas pola resolución do 14 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

    Colectivo: 

    Resolución definitiva dos centros públicos de ensino non universitario de Galicia seleccionados para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2022/23

    Gallego

    Achégase a Resolución definitiva dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2022/2023.

    Resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas de acreditación lingüística a centros públicos

    Gallego

    Achégase Anexo I e Resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023.

     

    Colectivo: