Gallego

Boletín do CFR de A Coruña

Summary: 

Neste espazo poderá vostede acceder aos diversos exemplares do Boletín do CFR de A Coruña.
Gallego
Neste espazo poderá vostede acceder aos diversos exemplares do Boletín do CFR de A Coruña.
É esta unha publicación que se emite periódicamente. Xeralmente son dous números por ano e no que se poden atopar múltiples referencias a publicacións significativas e de impacto sobre temáticas variadas relacionadas co mundo da innovación, da formación, da didáctica...
Nesta publicación participa o persoal asesor do centro e, mesmamente, contamos con colaboracións externas de profesorado de toda as etapas educativas: educación infantil e primaria, secundaria, e Universidade.
Pretendendemos que sexa unha publicación actualizada e cun enfoque innovador e práctico e agardamos que sexa do seu interese.
 
 

 

Publicacións:

 
imaxe boletín CFR Coruña
imaxe boletín CFR Coruña

Inscrición en cursos CALC

Summary: 

Prazas vacantes en cursos CALC
Gallego

Anúnciase a dispoñibilidade de vacantes nas seguintes actividades polo que se amplía o período de inscrición:

  • C2301015 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Francés nivel B2
  • C2301056 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Francés nivel B2
  • C2301057 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel C1

 

Consultar a data límite de inscrición, requisitos, lugares de celebración e outra información nas respectivas fichas de cada unha das actividades.

 

Inscrición en FPROFE https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

cursos CALC 2024
Cursos CALC 2024

Cursos de idiomas

Summary: 

Inscrición nos cursos de Idiomas organizados polo CFR de A Coruña en colaboracións coas EEOOII.
Gallego

Está aberto o prazo para a inscrición nos cursos de idiomas que organiza o CFR de A Coruña en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas da Coruña.

Pódese consultar a oferta de cursos, os horarios e os lugares de celebración na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

O prazo de inscrición para os cursos do 1º cuadrimestre remata o 15 de setembro de 2023.

 

Calc, matrícula nos cursos
Calc, matrícula nos cursos

Xornadas galegas de linguas estranxeiras

Summary: 

Aberto o prazo de inscrición para asistir ás Xornadas galegas de linguas estranxeiras.
Gallego

As Xornadas galegas de linguas estranxeiras celebraranse o sábado 25 de marzo de 2023 no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
Para poder participar é necesario formalizar a inscrición na plataforma FPROFE (referencia G2202131)

Xornadas galegas de linguas estranxeiras
Xornadas galegas de linguas estranxeiras

Cursos de idiomas para o profesorado

Summary: 

Inscrición en diversas actividades relacionadas coa formación do profesorado en linguas estranxeiras.
Gallego

Está aberto o prazo para a inscrición nas seguintes actividades:

  • C2201032 - Introdución ao árabe. A1-1        
  • C2201033 - Árabe. Nivel A1.2
  • C2201034 - Inglés nivel B2
  • C2201035 - Inglés nivel C1
  • C2201036 - Inglés nivel C1
  • C2201037 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Inglés no nivel B2
  • C2201038 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Inglés no nivel C1
  • C2201039 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Inglés no nivel C1
  • C2202006 - Proba de nivel para participar en cursos CALC     

Consulta nas fichas das actividades prazos de inscrición, lugares de celebración e datas.

Máis información sobre este tipo de cursos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759

Para máis información sobre o proceso de inscrición nas actividades consulta esta ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=1968#section-7

 

Cursos Calc 2022/2023
Cursos Calc 2022/2023

Botetín da biblioteca do CFR da Coruña

Summary: 

Xa dispoñible para centros e profesorado
Gallego

Remitiuse o Boletín CFR A Coruña xuño-2021, a tódolos centros da área de influencia. Así poderano consultar antes de fin de curso e contar con el para posibles recomendacións lectoras.

 

Tamén o podes descargar clicando aquí:

Boletín xuño 2022
Boletín xuño 2022

Lectores competentes no século XXI

Summary: 

Dende o 31 de maio ao 15 de xuño no CFR da Coruña
Gallego

Lectores competentes no século XXI

31/05/2022 17:30—20:00 h

Hologramas, robots & IAs. Como promover a lectura dixital na era dixital.

Relatora. Elisa Yuste (Consultora experta en promoción lectura ).

01/06/2022 17:30—20:00 h

LIX Dixital. Novas formas de contar historias e acceder á información Relatora.

Elisa Yuste (Consultora experta en promoción lectura).

06/06/2022 17:30—20:00 h

Os retos da lectura hoxe.

Relator. Daniel Cassany (Univ. Pompeu Fabra).

07/06/2022 17:30—20:00 h

Lectura contra a desinformación Relator.

Daniel Cassany (Univ. Pompeu Fabra)

13/06/20 17:30—20:00 h

Clubs de lectura: unha práctica de lectura compartida.

Relatora. Anxos Paz García (IES de Brión)

15/06/2022 17:30—20:00 h

O álbum ilustrado e o seu papel na formación de lectores .

Relatoras: María Jesús Fernández (mestra, experta en LIX, mediadora)

Programa do curso Lectores competentes no século XXI
Programa do curso Lectores competentes no século XXI

Espazo Educar Vimianzo

Summary: 

Venres 13 de maio en Vimianzo
Gallego

O vindeiro venres 13 de maio terá lugar no Castelo de Vimianzo unha sesión formativa para a comunidade educativa das escolas unitarias de Vimianzo, Laxe, Camariñas e Cee.

Intervirán Gerardo Reino que enfatizará os beneficios da introdución da robótica e o pensamento computacional a idades temperás.

O mesmo fará Pablo Díaz coa importancia dos contos no desenvolvemento da mente infantil.

E por último Boniface Ofogo porá de relieve a importancia da prevención do acoso a través de varias historias.

Espazo Educar Vimianzo
Espazo Educar Vimianzo

Espazo Educar no CPI As Revoltas

Summary: 

Charla sobre "Alimentación saudable" dirixida a familias.
Gallego

O venres 27 de maio ás 19:00 h. terá lugar unha actividade formativa no salón de actos do CPI As Revoltas.

A actividade está dirixida ás familias do alumnado dos centros educativos da bisbarra, e será impartida pola especialista Sandra Varela Amado.

 

 

Alimentación saudable, As Revoltas
Alimentación saudable, As Revoltas

Axudar a aprender

Summary: 

Venres día 6 de maio ás 17:00 en Camariñas conferencia de Hector Ruíz
Gallego

O venres 6 de maio ás 5 da tarde como parte das actividades Espazo Educar Costa da Morte  que o CFR da Coruña leva a cabo neste curso, o neurólogo Hector Ruíz falará de cómo ensinar a aprender, cómo aprendemos e cómo ensinar ó método científico na escola. Nesta ocasión a charla terá lugar no Museo do Encaixe de Camariñas.

Héctor Ruiz Martín (@hruizmartin) é neurobiólogo, investigador nos campos da psicoloxía cognitiva da memoria e o aprendizaxe en contextos educativos, e director da International Science Teaching Foundation. Tamén dedicou tempo a escribir divulgación sobre o aprendizaxe en ensaios como "Aprendiendo a aprender"(2020) e "¿Cómo aprendemos?. Una aproximación científica al aprendizaje y la enseñanza" (2020). 

Aprender a aprender con Hector Ruíz
Aprender a aprender con Hector Ruíz