Inicio


(01/08/2019) Prazo e forma de renuncia á resolución provisional de secundaria

Poderá renunciar dende o 01/08/2019 ata o 03/09/2019.  Para renunciar a adxudicación provisional de destinos debe seguir os seguintes pasos:

1º Acceder á aplicación CADP e autenticarse :  https://www.edu.xunta.es/cadp/

2º Ir ao menú Instancias e indicar a ou as instancias ás que renuncia.

3º Descargar o documento PDF da renuncia ou renuncias.

4º Acceder a Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/a-mina-sede

5º Sobre cada un dos expedientes nos que desexa renunciar,  Acción > Renuncia

6º Encher os campos que se requiran e anexar o documento pdf da renuncia correspondente, seguir os pasos que se indican ata finalizar a presentación da renuncia.

Para facer unha alegación:

1º Acceder a Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/a-mina-sede

2º Sobre cada un dos expedientes nos que desexa alegar,  Acción > Alegacións

3º Encher os campos solicitados e presentar a mesma na Sede

PRAZO DE SOLICITUDE DE DESTINO PROVISIONAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2019-2020

O prazo de solicitude de destinos provisionais remata o 17 de xullo de 2019.

As persoas que xa fixeron petición no pasado curso, que foi a primeira vez que tiveron que enviala pola sede electrónica, se non desexan facer ningún cambio nas solicitudes non terían que facer unha nova solicitude xa que se lle recolle, de oficio, a instancia do ano anterior.

Para poder ver ou comprobar as solicitudes feitas no ano anterior pode facerse na sede electrónica, onde cada interesado terá as solicitudes presentadas.

 

Pode accederse á toda a información sobre a normativa que se aplica, listaxes de solicitantes, etc no seguinte enderezo http://www.edu.xunta.gal/portal/node/28197

 

FORMA DE REALIZAR UNHA NOVA SOLICITUDE EN CADP

 No caso de querer facer cambios na solicitude do ano anterior, ou unha nova solicitude, deberá facerse desde a aplicación www.edu.xunta.es/cadp .

Neste caso, a forma de acceder é:

1º Desde a páxina de Inicio debe premer o botón de entrar situado arriba na parte dereita da páxina.

2º A continuación debe identificarse coa conta de correo

3º Elixirase a continuación o tipo de ensinanza e deberase ir ao punto 3 do menú “Solicitudes”

4º Hai que escoller todos os datos de participación e “Comezar solicitude”

5º Cando se remata de cubrir todos os datos nas distintas pestanas e finalmente se valida a solicitude aparecerá un botón para enviar á Sede electrónica a dita solicitude.

 

 

FORMA DE ASINAR E PRESENTAR ELECTRONICAMENTE UNHA NOVA SOLICITUDE NA SEDE ELECTRÓNICA

 

Unha vez enviada a solicitude á Sede electrónica deberase:

1º Acceder á Sede electrónica da Xunta de Galicia www.sede.xunta.gal onde debe localizar “A miña sede” e onde aparecerá/n a/s instancia/s enviadas. Para entrar na sede deberase ter activada a chave 365 ou DNI electrónico, e buscar os últimos Borradores.

2º Unha vez localizada/s a/s instancia/s debe, seguindo o menú facer a Presentación. Para iso deberá “Asinar e presentar”.

3º Poderá finalmente “Obter o xustificante”. Aparecerán dous arquivos PDF: un coa instancia asinada e presentada e outro co xustificante do rexistro electrónico.

 

 

PRAZO DE SOLICITUDE DE COMISIÓN DE SERVIZO EN ATENCIÓN A SITUACIÓNS DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2019-20

O único prazo de solicitude de comisión de servizos por concicliación da vida laboral e familiar é do 24 de maio de 2019 ao 6 de xuño de 2019, ambos inclusive.

Para as persoas que superen o procedemento selectivo de ingreso ou acceso no corpo correspondente e estean pendentes de ser nomeadas funcionarias en prácticas pola Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional, o prazo será de dous días hábiles contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

Normativa: Orde de 15 de abril de 2019 (DOG do 30 de abril de 2019)

 

INSTRUCIÓNS SOBRE A SOLICITUDE DE COMISIÓN DE SERVIZOS POR CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL:

 

Paso 1: Solicitude dunha comisión de servizos por conciliación familiar e laboral

 

1 Para solicitar unha comisión de servizos deberá acceder ao enderezo http://www.edu.xunta.es/cadp

 

2 Para facer a súa solicitude de comisión de servizos debe elixir a opción do menú “solicitudes” e aparecerá unha pantalla para cubrir os datos de corpo, especialidade, modalidade... unha vez cubertos prema en “comezar solicitude”. Se participou en “cadp” recuperaralle a ultima solicitude que realizou.

 

As persoas interesadas poderán, se é o caso, modificar a “modalidade de participación”.

 

 En todo caso, as persoas interesadas deben achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo o caso:

 

  • No caso de embarazo, informe médico coa data probable de parto 

  • Certificación literal de nacemento ou copia do libro de familia actualizado 

  • Copia de sentenza xudicial pola que se establece a custodia compartida 

  • Copia da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou o acollemento permanente ou preadoptivo.

  • Copia da resolución administrativa de acollemento permanente ou preadoptivo cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.

  • Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% dos fillos ou fillas menores de doce anos, cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.

  •  

3 Os seguintes datos consultaranse automaticamente e, polo tanto, non será necesario que achegue a documentación acreditativa, sempre que a persoa interesada exprese o seu consentimento:

 

  • Identidade da persoa solicitante ou representante

  • Certificado de residencia da persoa solicitante

  • Resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% dos fillos ou fillas menores de doce anos cando fose expedida pola Xunta de Galicia

  • Resolución administrativa de acollemento permanente ou preadoptivo respecto dos fillos ou fillas menores de dezaseis anos cando fose expedida pola Xunta de Galicia.

4 Unha vez cuberta todos os datos e as peticións de centros/localidades deberá “validar a instancia” e presentala electronicamente tal como indicamos no paso 2.

 

 

5 Logo de presentar a solicitude na Sede Electrónica non poderá modificala. Podería realizar unha nova solicitude, entendendo que a única válida é a presentada en último lugar.

 

IMPORTANTE: O persoal docente que teña a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais e que solicite unha comisión de servizos por conciliación familiar e laboral ademais terá que efectuar unha solicitude pola modalidade ordinaria.

 

Paso 2: Presentación electrónica da instancia (para acceder á Sede Electrónica debe posuír un certificado electrónico válido ou Chave 365)

 

Prema no botón "Enviar a Sede Electrónica para presentación" para enviar o borrador da súa solicitude (Anexo I) á Sede Electrónica da Xunta de Galicia. A continuación, amosaráselle unha ligazón Ir á Sede Electrónica” para presentar a súa solicitude (Anexo I) electronicamente.

 

Logo de ingresar na sede electrónica, o sistema ofreceralle a opción de achegar a documentación previamente dixitalizada en formato electrónico na pestana Anexar documentación”. Logo de anexada a documentación, deberá premer na icona “continuar” e pasará ao paso de asinar a solicitude e presentar a documentación xa anexada, onde deberá premer a incona correspondente a Asinar e presentar no Rexistro.

 

Logo de asinada e presentada electronicamente a súa solicitude coa documentación anexada, o derradeiro paso é premer na pestana de Obter recibo” onde lle indica que “A súa solicitude foi presentada correctamente no rexistro electrónico da Xunta de Galicia” e ten a opción de gardar/imprimir o xustificante de presentación da solicitude e a solicitude asinada electronicamente.

 

IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de instancias é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirán instancias presentadas en papel.

 

Teléfonos de contacto:

1) Profesorado de secundaria: 981545406, 981545407, 981545255, 981544486

2) Mestres: 981544482, 981544488, 981545440.

 

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es

Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es

 

_______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 

 

COMISIÓNS DE SERVIZOS POR MOTIVOS DE SAÚDE

APERTURA DO SEGUNDO PRAZO PARA O PERSOAL DOCENTE DO CORPO DE MESTRES

O segundo prazo para solicitar unha comisión de servizo por motivo de saúde é o comprendido entre o 24 de maio e o 13 de xuño de 2019 (15 días hábiles)

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivo de saúde neste prazo o persoal docente do corpo de mestres que participou no concurso xeral de traslados.

APERTURA DO SEGUNDO PRAZO PARA O PROFESORADO DE SECUNDARIA

O segundo prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde é o comprendido entre o 15 de maio de 2019 e o 29 de maio de 2019, ambos incluídos.

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño que participaron no concurso de traslados.

 

O primeiro prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde foi o comprendido entre o 15 de abril de 2019 e o 30 de abril de 2019, ambos incluídos.

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste novo prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño ou mestres de taller de artes plásticas e deseño e mestres, que non participaran no concurso de traslados, e o profesorado interino, profesorado de relixión e profesorado procedente doutra Comunidade Autónoma.

Normativa: Orde do 30 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 09/05/07), (Corrección de Erros, DOG do 11/05/2007)

INSTRUCIÓNS SOBRE A REALIZACIÓN DA SOLICITUDE DE COMISIÓN DE SERVIZOS POR RAZÓNS DE SAÚDE

  1. Para solicitar unha comisión de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp.

  2. O persoal docente que depende da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional deberá acceder utilizando a súa conta de correo no dominio @edu.xunta.es, empregando para acceder o seu usuario e o seu contrasinal.

  3. Para realizar a súa solicitude de comisión de servizos debe elixir a opción do menú “solicitar comisión de servizos” e aparecerá unha pantalla co tipo de comisións de servizos que se poden solicitar. Para poder solicitar a comisión ten que premer na opción “Solicitar” da comisión correspondente.

  4. O profesorado solicitante debe cubrir os seus datos de participación, peticións e a documentación que alega. O persoal docente que dependa da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional que xa participase o ano pasado no concurso de adxudicación de destinos provisionais por calquera modalidade, recuperaráselle a instancia do ano pasado, e poderá modificala se o desexa.

  5. Logo de cubertos todos os datos, a persoa solicitante ten que acceder á pestana “Validación final” e premer no botón “Validar instancia”. A continuación, para obter o documento coa solicitude que deben presentar por rexistro, deberá premer o botón “Obter comprobante da instancia” e xerarase un documento PDF coa solicitude cuberta. Esta solicitude deberá imprimila dende o buzón de informes e presentala por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións Públicas. Coa solicitude deberá achegar a documentación que alegue para optar á comisión solicitada.

  6. Mentres o prazo estea aberto, as persoas participantes poderán modificar a súa instancia no mesmo enderezo entrando na opción do menú “As miñas solicitudes” ou ben na opción “Solicitar comisións de servizo” nas comisións solicitadas premendo en “Modificar”. AVISO IMPORTANTE: A única instancia válida será a presentada por rexistro, polo tanto se a persoa solicitante fai cambios SEMPRE debe gardar os cambios e validalos na pestana “Validación final”, imprimir de novo a solicitude modificada e presentala segundo o xa dito.

  7. O persoal docente que non depende da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional (o persoal docente procedente doutra comunidade autónoma) e desexe solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde, deberá solicitar unha conta de correo temporal no enderezo https://www.edu.xunta.es/contausuario/ e achegar por correo electrónico, nos enderezos que se indican ao final destas instrucións, a seguinte documentación escanada:

    1. Certificación expedida polo órgano competente da administración da que dependa con indicación expresa dos seguintes datos:

      1. Nome, apelidos e NIF, Corpo ao que pertence e especialidade/s das que é titular e ten recoñecida/s

      2. Data de nomeamento/posesión de persoal funcionario de carreira

      3. Situación administrativa actual

      4. Causa de acceso e dato do último destino (concurso, expectativa...)

      5. Puntuación obtida na oposición

    2. Datos: enderezo/domicilio, dirección de correo e un número de móbil, no que recibirá unha clave de activación (PIN) para activar a súa conta de correo no enderezo http://www.edu.xunta.es/contausuario/, e elixir a opción 2.2 “Activar conta”.

    3. Seguidamente, poderá solicitar comisión de servizos na seguinte dirección www.edu.xunta.es/cadp.

  8. A solicitude de comisión de servizos por motivos de saúde, que deberá presentarse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións Públicas, irá dirixida á Xefatura Territorial na que se estea prestando realmente servizos. Para o caso do persoal docente que non depende da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional, a instancia de comisión de servizos por razóns de saúde deberá ir dirixida a Xefatura Territorial á que pertence o centro/localidade da súa primeira petición.

INFORMACIÓN SOBRE AS PETICIÓNS DE CENTROS RURAIS AGRUPADOS (CRA): Neste tipo de centros as especialidades de Educación Infantil e Educación Primaria non se consideran itinerantes. Para o resto das especialidades todas teñen o perfil de itinerantes, polo tanto se os participantes efectúan peticións aos Centros rurais agrupados deberan marcar o recadro correspondente.

INFORMACIÓN SOBRE AS PRAZAS BILINGÜES E DE ORIENTACIÓN: Para solicitar este tipo de prazas o persoal participante deberá reunir os requisitos necesarios para efectuar as ditas peticións. No caso das prazas de Orientación deberán acreditar algunha das titulacións establecidas no artigo 13 da Orde do 7 de xuño de 2018 (DOG do 14 de xuño).

Para as prazas bilingües deberán acreditar algunha das titulacións establecidas na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril de 2011), modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7 de xullo).

No caso de que algún dos requisitos non figuren no seu expediente deberán enviar a documentación esixida antes de formular a solicitude de comisión de servizos aos enderezos de correo electrónico que se indican a continuación:

Enderezos de correo electrónico:

- Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es

- Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es

Teléfonos de información:

- Profesorado de secundaria: 981 54 54 06, 981 54 52 55.

- Mestres: 981 54 44 82, 981 54 44 88, 981 54 54 40