Iniciar sesión: Acceso

Pedagoxía Terapéutica

12/maio/2020 Un conto cheo de ideas!

 

Ola rapaces e rapazas, 

 hoxe propóñovos un conto que amablemente nos deixaron descargar desde Triqueta Verde. Titúlase PROFE, MIRA O QUE FIXEN. Botádelle un ollo xa que, ademais de moi divertido, dá moitas ideas para facer nestes tempos de quedar na casa. 

Agardo que vos guste!

27/abril/2020 Crea o teu propio conto

 

Desta volta propóñoche que sexas ti o escritor ou escritora e crees o teu propio conto! Axúdoche un pouco dándoche algunhas ideas, só precisas un dado e a túa imaxinación.

No documento adxunto verás 3 personaxes, un obxecto, unha situación, un animal e dous lugares. Tira o dado 8 veces e vai vendo en cada casilla o que che tocou segundo o número que che saíra no dado. Cando xa o teñas todo, tócache a ti inventar o conto. 

27/abril/2020 Outra páxina interesante con moitos recursos

 

Hoxe propóñoche unha páxina con moitos xogos e actividades interactivas de case todas as áreas, lingua castelá, matemáticas, ciencias sociais e ciencias naturais. En cada apartado atoparás moitos xogos interactivos para repasar contidos xa vistos, desde exercicios de ortografía e ditados, repaso de operacións matemáticas, mapas xeográficos, corpo humano, ... hai moita variedade.

14/04/2020 Máis ideas para estes días de confinamento

 

    Nesta páxina, ademais de repasar contidos traballados nas aulas das áreas de matemáticas, lingua, inglés e ortografía, podes atopar tamén manualidades, receitas, contos, chistes, cancións, adiviñas, debuxos para colorear, xogos para facer dentro da casa, ...

Distribuir contido

Back to top