ANUNCIO DO SORTEO DA XUNTA ELECTORAL

SRA. PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL

 

 

ANUNCIO DO SORTEO DA XUNTA ELECTORAL

 

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG do 29 de setembro), realizaranse proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do colexio.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

                   

O director ou directora do centro/ directora accidental.

                   

Un membro do profesorado.

                   

Un pai, nai ou titor/a legal.

                   

Un representante do persoal de administración e servizos.

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o Artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). O dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o vindeiro día 27 de outubro, MÉRCORES, ás 11:15 horas.

 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súas candidaturas para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do centro.

 

Pontedeume, 25 de outubro de 2021

Directora accidental

 

Rosalía Iglesias Carrillo