FOLGA TRANSPORTE!!!

 

FOLGA TRANSPORTE

 

Estimadas familias:

Comunícannos que no día de mañá, 21/06/22 haberá folga de transporte convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) na UTE. Na orde do 16 de xuño de 2022 establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a mesma:

 

Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: o campo destes servizos resulta especialmente sensible, tanto por ser o transporte un mecanismo auxiliar para o exercicio dun dereito fundamental como é o da educación, como polas especiais exixencias que implica a protección aos menores.

Do mesmo xeito, a dispersión poboacional en Galicia determina que, diariamente, seteñan que realizar unha significativa cantidade de desprazamentos para os que non existe alternativa real de mobilidade, polo que o mantemento dos servizos de transporte público resulta fundamental.

Coa finalidade de ponderar a garantía do dereito esencial á folga dos traballadores e traballadoras, xunto coa garantía do igualmente elemental dereito de acceso ao sistema educativo, deberán manterse como esenciais os servizos de entrada aos centros das 7.30 ás 10.30 horas, e os de saída das 13.30 ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.

Das tres rutas do noso centro, tendo en conta o anterior, poderiase ver afectada a RUTA 3: Olmo/O barro posto que non é superior aos 4 km. Por informacións da propia empresa nos informan que pensan que si que estará cuberta pero que non o poden garantir.

O resto das rutas, nun primeiro momento non deberían sufrir alteración, agás que por motivos da folga non poidan saír/chegar a tempo.